ELASTIC BAND

A punto de editar nuestro segundo Album... M oo D

jueves, 19 de enero de 2012

::M oo D:: en Gallegiño :: ábrete de orellas

elastic band "MooD" http://www.abretedeorellas.com/detallenoticias.asp?cod=788 


Regresa este proxecto granadino que tan gratamente sorprendera cun debut "Boogie Beach Days"( Rock On, 2009) que cualificabamos de "collage sonora". Como era de prever, conservan esa fantasiosa filosofía confeccionada a base de experimentar con mesas de mesturas, sintetizadores, computadoras, sampleos, pedais e todo o que se preste para encher de matices as cancións. Ao principio parece que van entregar un disco máis nocturno, pois abren con dous dos momentos máis discotequeiros do disco e talvez os máis logrados: "Giving Advice" e "Not There", que soan cheas de sintetizador ochenteiro, voces dobradas ou uns baixos de corte funky que volverán brillar en "The Situation". Mais pronto amosan tamén un aire romántico e reggae en "The Way She Move Me" ou o arrecendo a pop dos 60 en "Better Than Before" e "Trust Her". En medio dun eterno transcurrir de sons e detalles que fan ben entretida a escoita van aparecendo chiscos ao carrusel, o soul, a electrónica, o indie, o soul ou as guitarras setenteiras dos discos de Bowie en "Then Again". Non obstante, o punto álxido de experimentación, cambios de ritmo, falla de prexuízos e un mínimo de pose formal é "AyMama!!!", unha das maiores sorpresas do disco. "MooD" é complicado de resumir polo moito que hai condensado nestes 11 temas, nos que si se aprecia unha finalización máis clásica de cada canción. Sen dúbida, os ouvidos máis desprexuizados atoparán aquí toda un festín estilístico.
Pepe Cunha, 13-xaneiro-2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario